Saltar al contenido

BIBLIOTECAS COOL

Ai, as bibliotecas, eses misteriosos lugares cheos de libros, con ese arrecendo a madeira e ese silencio roto só polo son que fan as páxinas dos libros. Xente lendo, xente estudando, e esa sensación e esa vertixe que sentimos cando pensamos en todas as persoas que teñen pasado por aí ao longo das décadas, dos séculos. Pensamos na biblioteca da Facultade de Historia en Compostela, coas súas estanterías tan altas e esa madeira que cruxe cando pasamos por ela. Ou na Biblioteca Municipal de Vigo, por que non, que antes de ser biblioteca foi un salón de baile. Ai, as bibliotecas e a súa historia.1-vennesla.jpg (1140×650)

Pero hoxe non imos falar de bibliotecas históricas. Queremos fixarnos en bibliotecas máis novas, que como moito teñen un par de décadas, e que destacan pola felicidade que deberon sentir os seus arquitectos.Liñas limpas, formas imposibles, moita xente, moitos libros. Son esas bibliotecas que saen nos libros de arquitectura e que tamén deberíamos visitar cando viaxemos ás súas cidades. Son as bibliotecas máis cool do mundo. Ou polo menos iso é o que nos parecen a nós.

Anuncios